Luz Darriba

Navegar es preciso, vivir no es preciso

Remontar o río

  • Fecha: 2014

"Remontar o río é un poemario naonato, pois a motivación e os primeiros apuntes xorden abordo mentres a autora subía o Danubio desde Budapest a Linz. O feito de que o barco fose contra a corrente suscítalle á poeta a idea de remontar o propio río do tempo, volver deste o seu outono á primavera onde a estarán agardando o vals e a rosa. Nos poemas veranse reflectidos elementos da paisaxe evocada: os soutos, os prados, a chuvia, a area das ribeiras… E tamén das marxes por entre as que transita: o propio río, os mosteiros e as campás, o castelo de Dürnstein, as abas do val de Wachau, o palacio Schönbrunn… Son tamén obrigadas as referencias a personaxes ligados ao espazos do río que se ascende: A Kaiserin Elisabeth, Richard Coeur-de- Lion e o seu amante Blondel. A poeta pensou desde os inicios que sería un libro especial, porque o consideraba a súa manda poética, e debía estar complementado cunha visión artística. E decidiu que a persoa que debía interpretalo non podía ser outra que Luz Darriba, a amiga artista á que se sente moi próxima nos afectos, nas ideas e na concepción estética."

Helena Villar Janeiro


Remontar o río